Listado de novas


A FUNDACIÓN G-PRODIS PROMOVE UN PROXECTO DE EMPREGO PESQUEIRO

[28-12-2009]

abrir en pdf para imprimir


Imaxe da nova.

O proxecto de envasado e conservación artesanal de produtos pesqueiros recolle e recupera unha das tradicións máis añoradas polos habitantes das comarcas da costa Átabra.

O anchoar, facer da sardiña un sucedáneo da anchoa, o salazón dos arenques ou o secado do polbo, son varias das actividades artesanais que tratamos de recuperar a través da posta en marcha dun Centro de Formación Ocupacional (inicialmente) e que será Centro Especial de Emprego posteriormente.

No proxecto colaborarán activamente os concellos de Ares e Fene. Xa mantidas as xuntanzas cos edís respectivos destes municipios prentendemos implicar aos concellos de Mugardos e de Cabanas polo interese social e económico que supón o proxecto para a zona.

Na fase na que nos atopamos, o xerente da Fundación Leopoldo Torrente e a axente de emprego Susana Rodríguez, entrevistáronse co actual presidente do Plan Ferrol, Juan Luis Dopico e con Antón Seoane ambos de UGT- Ferrol.

Información de Contacto

Sede: Rúa Tomiño, Nº20, Soto, 1º Esq

Santiago de Compostela, CP 15703 (A Coruña)

Teléfono: 981 941 803 Fax: 881 979 735

Email: gprodis@gprodis.org - gprodis@mundo-r.com

Patrocinan:

  • Secretar�a Xeral de modernizaci�n e innovaci�n tecnol�xica
  • Ministerio de industria, turismo y comercio
  • Plan Avanza
  • Secretara Xeral de modernizaci�n e innovaci�n tecnol�xica
  • Fondos publicos
  • axuda concedida correspondente ao procedemento PR519A
  • Deputacion da coruña