[08-06-2010]
O día 7 de xuño deu comezo o curso para a formación laboral de persoas con discapacidade intelectual no municipio de Marín.
Ata un total de 18 persoas formaránse como peóns de limpeza viaria durante 4 meses para poder optar ao finalizar, a varios postos de traballo no concello.
Este curso é o resultado da colaboración entre a Fundación ONCE, que a través do Programa INSERTA, xestiona e cofinancia o curso, a Fundación G-PRODIS, que o imparte e o concello de Marín a través do seu alcalde Francisco Veiga e a concelleira de Medio Ambiente, Pilar Blanco.
A posta en valor do curso ven sinalada polo coñecemento profesional que poderán adquirir os/as alumnos/as que lles permitirá mellorar as posibilidades de inserción laboral; así como a mostra da súa valía ao resto da comunidade.
Sede: Rúa Tomiño, Nº20, Soto, 1º Esq
Santiago de Compostela, CP 15703 (A Coruña)
Teléfono: 981 941 803 Fax: 881 979 735
Email: gprodis@gprodis.org - gprodis@mundo-r.com
Creado por:
versiongalega.com - adaptacionalalopd.esLicencia Creative Commons - 2009
Legal Acceso correo