[21-05-2010]
Incorporaranse catro novos módulos ao Proxecto Actualízate no marco da convocatoria do novo Plan Avanza. Os módulos, seguirán dúas liñas estratéxicas de traballo: Emprego de persoas en risco de exclusión (discapacidade) e Uso das novas tecnoloxías en comunicación.
Estas foron as conclusións ás que chegaron as persoas reunidas onte na sede de G-PRODIS, como representantes das empresas do sector:
Oscar Rodríguez de IMATIA, Miguel Barbosa de ALGALIA, Leopoldo Torrente de G-PRODIS, Dolores Fernández de ASPABER (representando o sector da limpeza viaria), Diego Chapela de Juan XXIII (representando o sector da xardineiría) e Jesús Flores (representando o sector dos manipulados).
O obxectivo é por en valor o coñecemento das entidades en materia de emprego en Centros Especiais, e transmitilo ao resto para crear unha serie de módulos que se destinen a divulgar o bo facer en materia de emprego.
Recibirase formación da Escuela Oficial de Industria, do Ministerio de Industria.
Sede: Rúa Tomiño, Nº20, Soto, 1º Esq
Santiago de Compostela, CP 15703 (A Coruña)
Teléfono: 981 941 803 Fax: 881 979 735
Email: gprodis@gprodis.org - gprodis@mundo-r.com
Creado por:
versiongalega.com - adaptacionalalopd.esLicencia Creative Commons - 2009
Legal Acceso correo