A formación para G-PRODIS é unha boa práctica que mellora e amplia a preparación do conxunto de persoas que forman parte do sector da discapacidade. Dende o ano 2006 promovemos unha agrupación de empresas para a xestión da formación continua. G-PRODIS é a empresa organizadora das accións formativas dirixidas aos/as profesionais das entidades. Os cursos son impartidos en diferentes localidades de toda Galicia dependendo da demanda polos mesmos.
Da Agrupación promovida por G-PRODIS forman parte 44 organizacións (ata abril de 2010) do ámbito da discapacidade intelectual de Galicia, Asturias e Madrid.
As especialidades impartidas diríxense a todo tipo de persoal que traballa nas entidades, por exemplo: persoal de centros de día, persoal directivo, persoal de centros educativos, coidadores/as, fisioterapeutas, psicólogos/as, pedagogos/as, responsables de calidade, responsables de comunicación, persoal de cociña…A oferta formativa inclúe cursos dirixidos a Centros Especiais de Emprego onde participan profesionais dos mesmos (persoas con discapacidade intelectual).
Para formar parte da Agrupación é preciso solicitar a adhesión. A incorporación é gratuíta e os cursos de carácter gratuíto tamén, realízanse con cargo ao crédito de formación que asigna a Fundación Tripartita.
Oferta formativa 2010Sede: Rúa Tomiño, Nº20, Soto, 1º Esq
Santiago de Compostela, CP 15703 (A Coruña)
Teléfono: 981 941 803 Fax: 881 979 735
Email: gprodis@gprodis.org - gprodis@mundo-r.com
Creado por:
versiongalega.com - adaptacionalalopd.esLicencia Creative Commons - 2009
Legal Acceso correo