Dende o 2002 a AAMR (Asociación Americana para o Atraso Mental) define a discapacidade intelectual (a partir de agora DI) como: “unha discapacidade caracterizada por limitacións significativas tanto no funcionamento intelectual como na conducta adaptativa, expresada en habilidades adaptativas conceptuais, sociais e prácticas, orixinándose antes dos 18 anos”. As persoas con DI teñen un desenvolvemento intelectual inferior á media e dificultades na aprendizaxe e na adaptación social. Aproximadamente un 3% da poboación ten DI.
A evolución desde os anos 60 do concepto de DI (antes deficiencia mental ou atraso mental) foi moi importante xa que deixou de considerarse como algo que está somentes na persoa para pasar a ser a expresión da interacción entre a persoa con limitacións en dúas ou máis áreas de habilidades adaptativas e o entorno. Así tamén deixa de considerarse unha condición estática-inmutable para pasar a considerarse que varía en función dos apoios que a persoa reciba. Polo tanto os apoios son un elemento fundamental da definición e a AAMR define estes como: “recursos e estratexias que persiguen promover o desenvolvemento, educación, intereses e benestar dunha persoa e mellorar o seu funcionamento individual. Os servizos son un tipo de apoio proporcionado polos/as profesionais e as entidades”.
Sede: Rúa Tomiño, Nº20, Soto, 1º Esq
Santiago de Compostela, CP 15703 (A Coruña)
Teléfono: 981 941 803 Fax: 881 979 735
Email: gprodis@gprodis.org - gprodis@mundo-r.com
Creado por:
versiongalega.com - adaptacionalalopd.esLicencia Creative Commons - 2009
Legal Acceso correo