O autismo é unha síndrome que afecta a comunicación e as relacións sociais e afectivas do individuo.
O autismo é a enfermidade máis común dentro do grupo de trastornos do desenvolvemento, coñecido como trastornos do espectro autista. O autismo caracterízase por unha escasa interacción social, problemas na comunicación verbal e non verbal, actividades e intereses gravemente limitados, inusuais e repetitivos. Outros trastornos do espectro autista inclúen a síndrome de Asperger, a síndrome de Rett, o trastorno desintegrativo infantil e o trastorno xeral do desenvolvemento non especificado ou atípico. Os expertos estiman que de tres a seis de cada mil nenos, padecerán de autismo. Os varóns teñen catro veces máis probabilidade de padecelo que as mulleres.
Sede: Rúa Tomiño, Nº20, Soto, 1º Esq
Santiago de Compostela, CP 15703 (A Coruña)
Teléfono: 981 941 803 Fax: 881 979 735
Email: gprodis@gprodis.org - gprodis@mundo-r.com
Creado por:
versiongalega.com - adaptacionalalopd.esLicencia Creative Commons - 2009
Legal Acceso correo